Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROMOVE UNHA MARCHA CICLISTA ESCOLAR POLA IGUALDADE, O DÍA 25 DE NOVEMBRO
Está prevista a participación de 500 nen@s de Educación Primaria dos colexios de Narón, con finalización na Praza da Gándara.
Narón, 21 de Novembro de 2014.- A Concelleira de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, presentou hoxe en rolda de prensa a ‘Marcha Ciclista 25 de Novembro’, organizada por esta concellería xunto co equipo de Educación Vial do Concello. Na presentación tamén participou un dos responsables desta unidade, Pedro Caneiro, xunto co coordinador de Emerxencias Narón, Rafael Pazos, e o presidente do MotoClub Fojeteiros, José López Quintián, en calidade de colaboradores. Esta iniciativa se desenvolverá o martes 25 de novembro, e na mesma está prevista a participación aproximada de 500 escolares de Educación Primaria (cursos 5º e 6º) dos seguintes centros educativos: O Feal, A Solaina, Ayala, Virxe do Mar, Santiago Apostol, Gándara, Piñeiros, Jorge Juan e Ponte de Xuvia. Os participantes realizarán unha ruta en bicicleta dende os seus colexios ata a Praza da Gándara, onde está prevista a chegada ás 11:30 horas. Unha vez alí, lerase a Moción contra a Violencia de Xénero (aprobada no pleno do mes de outubro) e se realizará unha ofrenda floral no Monumento á Muller, situado nesta praza. O obxectivo desta iniciativa é visibilizar a loita contra a violencia de xénero, con motivo da celebración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Ademáis, de xeito complementario á marcha ciclista, os colexios realizaron unha serie de murais con mensaxes de rexeita á violencia exercida sobre as mulleres. Estos traballos estarán expostos no vestíbulo do Pazo da Cultura dende o 24 de novembro ata o 3 de decembro. Dende a Concellería de Igualdade promóvense ambas accións para implicar á comunidade escolar na loita contra este fenómeno, nas súas distintas dimensións (física, psicolóxica, sexual, simbólica…) así coma calquera forma de sexismo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal