Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 500 ESCOLARES DE NARÓN PARTICIPAN NA MARCHA CICLISTA POLA IGUALDADE
Déronse cita na Praza da Gándara, onde se deu lectura a un manifesto contra a violencia de xénero e se realizou unha ofrenda floral diante do Monumento á Muller.
Narón, 25 de Novembro de 2014.- Arredor de 500 escolares de 5º e 6º de Educación Primaria dos colexios de Narón participaron hoxe na Marcha Ciclista pola Igualdade, promovida polo Concello de Narón con motivo da celebración do 25 de Novembro, Día Internacional para a erradicación da Violencia de Xénero. O alumnado partiu dos seus centros en dirección á Praza da Gándara, onde se desenvolveu un acto institucional no que participaron o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio. A edil foi a encargada de dar lectura á Moción aprobada polo Pleno do Concello de Narón na que se condena a violencia machista e se reclama ás institucións autonómica e central que amplíen e melloren a atención ás vítimas de violencia de xénero, e a sinatura dun pacto político e social para abordar a violencia de xénero, coa participación de todos os axentes implicados neste problema de estado. Tamén o Alcalde de Narón dirixiuse ós escolares para lembrarlles a importancia da educación en igualdade, e que homes e mulleres somos iguales e temos os mesmos dereitos. A continuación, os representantes municipais realizaron unha ofrenda floral diante do Monumento á Muller. A Marcha Ciclista pola Igualdade contou coa colaboración do equipo de Seguridade Vial do Concello, Emerxencias Narón e Protección Civil, ademáis de voluntarios do Motoclub Fojeteiros, Club Ciclista Benigym, MTB Escornaboys, e as ANPAS do Colexio Ayala e Colexio Santiago Apostol

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal