Sortearanse vales de compra de 500€ e 300€,4 cestas de nadal e 17 carros da compra entre os clientes dos establecementos participantes.
Narón, 1 de Decembro de 2014.- O Concello de Narón en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón (ACN) desenvolven un ano máis a campaña ‘Comercio de Narón. En Nadal e sempre’ dirixida a potenciar as compras no comercio de proximidade durante as datas navideñas.
A iniciativa foi presentada hoxe en rolda de prensa polo Concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, acompañado da presidenta da ACN, Olga Ameneiro. Ambos destacaron o éxito acadado en anos anteriores con esta campaña conxunta, que “ven demostrando que funciona e que se consigue o obxectivo de que a xente compre no comercio de Narón” sinalou Villamar, engadindo que no comercio de proximidade “pódese encontrar de todo, con bo prezo, calidade e unha boa atención por parte dos comerciantes”.
A campaña iníciase hoxe e se prolongará ata o día 8 de xaneiro de 2015. Actualmente hai 102 comercios inscritos aínda que a cifra pode aumentar posto que está aberto o prazo para adherise. Os comerciantes interesados poden cubrir o formulario na web www.comerciodenaron.es para participar gratuitamente.
A dinámica é similar á dos anos anteriores. Os establecementos adheridos repartirán papeletas entre os seus clientes, e contarán cunha urna para depositar os boletos. A organización sorteará entre tódolos participantes os seguintes premios:
-2 vales de compra de 500€ cada un, a gastar en alomenos 3 dos establecementos participantes na campaña.
-2 vales de compra de 300€ cada un, a gastar en alomenos 3 dos establecementos participantes na campaña.
(Para a adxudicación destes premios, realizarase un sorteo no Concello de Narón o 9 de xaneiro, entre tódalas papeletas depositadas nas urnas durante a campaña).
-4 cestas de Nadal. Cada semana elexirase por sorteo un establecemento dos participantes, e no mesmo abrirase a urna e sortearase a cesta entre as papeletas depositadas.
-17 carros da compra con produtos de consumo habitual, valorados en 100€ cada un. Sortearase 1 cada día, do 9 de decembro ó 5 de xaneiro (de luns a venres).
Durante todo o tempo no que se celebra a Campaña de Nadal, se desenvolverán tamén accións sorpresa en diferentes lugares do municipio, para promocionar o comercio naronés.