Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE SEDES CELEBRA A TRADICIONAL NOITE DA LUZ 2014 CO ACENDIDO DA RODA DA LUZ NO MONTE ESPERÓN
Será na tarde-noite do día 13 de decembro, coincidindo coa onomástica de Santa Lucía,
Narón, 12 de Decembro de 2014.- O Grupo de Traballo para o Desenvolvemento Socioeconómico de Sedes, en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón, celebrará mañá a Noite da Luz 2014. Trátase dunha festa popular que se celebra coincidindo coa onomástica de Santa Lucía (13 de decembro), día con menos luz do ano, e que marca o solsticio de inverno. As actividades comezarán ás 19:00 horas no entorno da Feira do Trece, de onde partirá a ‘Comitiva da Luz’ dende a capela de Santa Lucía ata o alto do Monte Esperón, onde está previsto o acendido da ‘Roda da Luz’ e a lectura do tradicional pregón, sobre as 19:45 horas. Finalizado este simbólico acto, os veciños participantes se desprazarán ata o Local Social Municipal de Sedes, onde compartirán unha degustación de caldo comunitario. Para amenizar a xornada, ás 20:30 horas o grupo ‘Mestura Teatro’ representará a obra “Un bonito cuento” (texto orixinal de Paulo Coelho). Para finalizar, ás 21:00 horas haberá repichoca popular co grupo ‘Xente Nova’ e degustarase unha queimada comunitaria.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal