Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DE NARÓN OFRECE POSTAIS ELECTRÓNICAS PARA FELICITAR O NADAL
Poden descargarse gratuitamente nesta páxina web.
Narón, 19 de Decembro de 2014.- A Concellería de Educación do Concello de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada Cortizas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, pon en marcha un ano máis a campaña “Felicita o Nadal en galego!” co fin de promover o emprego da lingua galega entre a cidadanía. Tal e como indicou a edil responsable de Educación, “cando se achegan estas datas tan sinaladas é tradición enviar unha postal ós nosos seres queridos para felicitarlles as festas e a entrada no novo ano. Hoxe en día, grazas ás novas tecnoloxías moitos e moitas optamos polas postais electrónicas a través do e-mail para mostrarlles o noso afecto” indicou Mª del Carmen Espada. Para facer máis sinxelo ese traballo, a web do Concello de Narón ofrece unha serie de recursos dixitais: -Postal para descargar -Postal electrónica Ademáis, as postais conteñen diversas mensaxes de felicitación e panxoliñas que pódense utilizar para felicitar ós seres queridos nestas datas. Estas postais poden descargarse no seguinte enlace: http://www.concellodenaron.com/web/cat/web/cat/gal/concello/nadal2014 As persoas que queiran facer algún tipo de consulta relacionada con esta campaña, poden chamar ó teléfono 981 33 77 00 (extensión 1516) ou enviar un correo electrónico a a.pita@naron.es Ademáis, o Servizo de Normalización Lingüística está ó servizo dos cidadáns para corrixir ou traducir ao galego os textos de felicitación do Nadal. O Servizo de Normalización Lingüística está sostido con fondos do Concello de Narón, e subvencionado pola Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A parte do seu labor interno, tamén lle presta o seu servizo a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que o demande, tanto de asesoramento lingüístico coma de tradución e corrección de textos. Entre as funcións que desenvolve, atópanse as de dinamización, asesoramento e formación lingüística.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal