Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A 11ª FESTA DO COCIDO DE A GÁNDARA CELÉBRASE O SÁBADO 14 NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO
En total se servirán 400 racións de lacón con grelos, acompañados doutros productos típicos do Entroido.
Narón, 11 de Febreiro de 2015.- O Pavillón de A Gándara acollerá o sábado 14 de febreiro a XI Festa do Cocido, organizada pola Asociación de Veciños de A Gándara en colaboración co Concello de Narón. O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa polos concelleiros de Festas (Mª del Mar Gómez), Turismo (María Rodríguez Porto) e Promoción Económica (Pablo Villamar) xunto co presidente da AVV de A Gándara (Juan Muiña). En total, serviranse 400 racións de cocido, composto a base de sopa, lacón,orella, chourizo, costela, grelos, garavanzos, patacas, pan, e viño ou auga. De postre haberá torradas de anís e café. As entradas poden mercarse no local social municipal de A Gándara ó prezo de 12€ (socios) ou 15€ (non socios), no que se inclúen o prato e a cunca como agasallo. Para máis información, pódese chamar ó teléfono 615 190 656. A Concelleira de Festas de Narón, Mª del Mar Gómez, convidou a tódalas persoas veciñas de A Gándara e do resto de Narón a animarse a participar desta festa, que xa vai pola súa 11ª edición. Asimesmo, quixo facer un recoñecemento público á labor do cociñeiro Gelín, que un ano máis porase ó frente dos fogóns para organizar este multitudinario xantar. Tamén a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto, animou á cidadanía a disfrutar do Entroido e particularmente da Festa do Cocido de A Gándara. O Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, explicou que haberá animación antes e durante a Festa do Cocido, a cargo das comparsas participantes no Festival que se celebrará esa tarde no Pazo da Cultura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal