Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RENOVA A WEB DA BIBLIOTECA, PARA FACELA MÁIS ACCESIBLE E INTERACTIVA PARA OS SEUS USUARIOS
A dirección segue a ser a mesma: http://biblioteca.naron.es
Narón, 27 de Febreiro de 2015.- A Concelleira de Ensino e Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou hoxe en rolda de prensa a nova páxina web da Biblioteca Municipal do Alto. Esta plataforma tense remodelado para facela máis dinámica e interactiva, conservando ó mesmo tempo os contidos principais. “Temos incorporado seccións interactivas nas que a xente pode incluir aportacións e facer comentarios ou suxestións, e ademáis melloramos a navegación, facéndoa máis sinxela e accesible para todos”, indicou a edil. A web segue a estar dispoñible na mesma dirección (http://biblioteca.naron.es) e estrutúrase en catro grandes bloques con subcategorías: 1.- Biblioteca Pública Municipal de Narón -Presentación -Benvida -Servizos -As bibliotecarias responden -Onde estamos -Contacto 2.- Catálogo -Introdución -Boletíns e outros documentos -Autores/as destacados/as 3.- Actividades -Novas/blog -Eventos -Aporta os teus recursos (novidade) -Listado de recursos aportados (novidade) 4.- Galería audiovisual -Fotografías (novidade) -Vídeo (novidade) Os contidos da web da Biblioteca tamén poden ser compartidos polos usuarios nas diferentes redes sociais, e ademáis en breve a Biblioteca Municipal do Alto contará cun perfil propio en Facebook.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal