Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE E A DIRECTORA DO IES AS TELLEIRAS ASINAN UN CONVENIO PARA REALIZAR CURSOS DE CARPINTERIA DE MOBLE NO CENTRO MUNICIPAL DE FORMACIÓN
Estos módulos profesionais estanse a impartir na nave de Irmáns Froilaz, onde estudiantes do IES As Telleiras acuden a diario a formarse.
Narón, 3 de Marzo de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a directora do IES As Telleiras, Carmen Pazos, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades no ámbito da educación e formación profesional. Na firma, celebrada no despacho do Alcalde, tamén estiveron presentes a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, e a xefa do Servizo Sociocomunitario Municipal, Yolanda Martínez. En concreto, este acordo permite a realización dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de cualificacións profesionais do título de Formación Profesional (FP) básica de Carpintería de Moble. Estes cursos desenvólvense no Centro Municipal de Formación ‘Irmás Froilaz’ (A Gándara) e os participantes son alumnos/as do IES As Telleiras, matriculados e admitidos na FP de Carpintería e Moble. O convenio ten unha vixencia de dous anos, correspondentes ós cursos académicos 2014/2015 e 2015/2016, podendo ser prorrogado automáticamente no futuro, sempre e cando se cumpran as condicións expostas no mesmo. Este acordo non contempla achega económica, pero si axuda doutro tipo. O Concello facilita a aula teórica para o desenvolvemento da formación, o taller de carpintería e moble (co seu equipamento), as instalacións do Centro Municipal de Formación, e o subministro eléctrico, calefacción e limpeza destos espazos. Pola súa parte, o IES As Telleiras aporta o persoal docente e técnicos cualificados, selecciona o alumnado, e achega os medios materiais e didácticos para a realización do curso.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal