Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DO CURSO 'NARÓN VENDE MÁIS' DIRIXIDO A COMERCIANTES DO MUNICIPIO
O programa divídese nunha parte teórica e outra práctica. Hai 12 prazas disponibles e se asignarán por orde de inscrición. As solicitudes poden presentarse no Rexistro do Concello ata o 28 de marzo.
Narón, 16 de Marzo de 2015.- O Concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, presentou hoxe en rolda de prensa o programa “Narón vende mais”, acompañado pola representante da Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), Eva Pena, e a responsable da empresa Clima Comunicación, Rocío Infante. Trátase dun curso dirixido a comerciantes de Narón, que se desenvolverá en dous fases: unha parte teórica (os días 9 e 11 de abril, na aula CEMIT de Xuvia) e outra práctica (no propio comercio de cada participante). Este curso ten carácter gratuito, e o prazo para inscribirse no Rexistro Xeral do Concello permanecerá aberto do 17 ó 28 de marzo –ambos incluídos-. Haberá 12 prazas dispoñibles, que se asignarán por rigorosa orde de inscrición. No caso de existir unha forte demanda, o Concello estudiará a posibilidade de organizar unha segunda edición do mesmo. O Concelleiro de Promoción Económica animou ós comerciantes a participar neste curso, dun marcado perfil práctico. Os participantes aprenderán a profesionalizar o seu negocio para poder obter o maior rendemento posible, a través de técnicas de venta coma o marketing, o escaparatismo e as promocións e ventas especiais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal