Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO OFRECERÁ VISITAS GUIADAS Ó MOSTEIRO DO COUTO (XUVIA) DURANTE A SEMANA SANTA
Do domingo 29 de marzo ó domingo 5 de abril, en horario de mañá e de tarde, e con entrada libre.
Narón, 26 de Marzo de 2015.- A Concelleira de Turismo de Narón, María Rodríguez Porto, ven de presentar en rolda de prensa o programa de Visitas Guiadas ó Mosteiro de San Martiño do Couto (Xuvia) durante a Semana Santa. En concreto, estas visitas se celebrarán do domingo 29 de marzo ó domingo 5 de abril (incluidos), en horario de 11 a 13 horas e de 16 a 19 horas. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Narón impulsa este programa de visitas guiadas, que serán levadas a cabo por dous guías que ensinarán diferentes estancias deste mosteiro coma o claustro interior, o obradoiro de cocer pan, ou as estancias que ocupaban os monxes. A Concelleira de Turismo de Narón quixo agradecer ó párroco do Mosteiro a súa axuda e colaboración para poder levar a cabo este programa. Esta iniciativa ven respaldada polo éxito das visitas guiadas realizadas no ano 2014, nas que se contabilizaron máis de 1.500 visitantes procedentes de toda España (Pontevedra, Madrid, Barcelona, Cadiz, San Sebastian…) e incluso extranxeiros (Portugal, Filipinas, Francia, Irlanda, Holanda…). O pasado fin de semana tamén se levou a cabo unha promoción do Mosteiro do Couto, neste caso a través do programa ‘Noite no Mosteiro’ que incluíu a iluminación nocturna do cenobio e un concerto de música de cámara no seu interior. “A aposta polo Mosteiro do Couto está a ser un acerto, tendo en conta o número de visitantes” comentou a Concelleira de Turismo de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal