Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROMOCIONARÁ O DEPORTE LOCAL E O TURISMO EN EQUIOCIO 2015
A atleta Claudia Rojo será nomeada 'Amazona de Honra 2015' e se instalará un stand institucional para promocionar a Romaría da O (Pedroso). Tamén funcionará o Circuito de Educación Vial Municipal.
Narón, 27 de Marzo de 2015.- As Concelleiras de Deportes e Turismo de Narón, Natalia Hermida e María Rodríguez Porto, presentaron hoxe en rolda de prensa a colaboración que levará a cabo o Concello de Narón no XVIII salón do cabalo ‘Equiocio 2015’, que se celebra do 2 ó 5 de abril no Recinto Feiral de Punta Arnela. Nesta XVII edición de Equiocio, o Concello de Narón terá representación nos ámbitos deportivo e turístico, tal e como indicaron ambas concelleiras. Así, haberá un Circuito de Educación Vial con 4 monitores (en horario de 11 a 13:30 e de 17 a 23 horas) no que os nenos/as poderán coñecer de cerca as normas básicas de circulación viaria. Dentro da colaboración que o Concello de Narón mantén con Equiocio tamén se inclúe o reparto de 5.000 entradas nos colexios públicos e concertados de Narón –ata 4º da ESO-. Téñense repartido 2 entradas por cada escolar, que as poderán utilizar as súas familias (xa que eles non pagan, ó ser menores de 16 anos). No capítulo deportivo, tamén está prevista a celebración do Trofeo ‘Cidade de Narón’, que se disputará na xornada do xoves día 2. Ese mesmo día pola tarde, levarase a cabo a cerimonia de nomeamento de Amazona de Honra do Concello de Narón, un título que nesta edición recaerá na atleta Claudia Rojo, elexida Mellor Deportista de Narón do ano 2014. Ademáis, haberá unha exhibición de bailes de salón a cargo do ‘Club Deportivo Narón’. No referente a Turismo, o Concello de Narón promocionará este ano a Romaría da O, mediante un stand institucional que se situará na entrada do pavillón principal. Neste espazo poderase contemplar unha colección de fotos antigas de dita romaría, correspondentes ós séculos XIX e XX. Ademáis, estará exposto o estandarte dos roscos de pan, e os visitantes incluso poderán disfrutar da presenza do burro Anselmo, que é o encargado de tirar do carro que leva os roscos na romaría.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal