Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
USUARIOS DA ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO PARTICIPARÁN NO PROGRAMA MUNICIPAL DE EDUCACIÓN VIAL
O Concello ven de asinar un convenio con esta entidade para a realización de actividades de educación vial nos tres centros de Nuestra Señora de Chamorro.
Narón, 28 de Abril de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta da Asociación Nosa Señora de Chamorro, Concepción Lage Menéndez, asinaron hoxe un convenio de colaboración para que os usuarios/as desta entidade poidan participar no programa de Educación Vial Municipal. A través deste acordo, o Concello comprométese a ofrecer asesoramento á Asociación para levar a cabo as actividades, atendendo ás necesidades particulares dos centros (centro educativo, centro ocupacional e centro de día). Tamén levará a cabo as actividades que os coordinadores/as consideren axeitadas para eses centros, e realizará saídas conxuntas de tódolos centros, dando continuidade á primeira Marcha Ciclista Escolar realizada durante o curso. Ademáis, o Concello levará a cabo a promoción e o desenvolvemento de accións encamiñadas a lograr a mobilidade segura no municipio de Narón. Todos estos acordos non supoñen coste algún, posto que o Equipo de Educación Vial Municipal se encargará de levalos a cabo. A duración deste convenio específico de colaboración é de 3 anos a partir da súa firma, podéndose prorrogar no tempo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal