Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ACOLLERÁ NO MES DE XUÑO O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BAILE DEPORTIVO
Daranse cita máis de 500 parellas de baile procedentes de todo o país, que competirán en diferentes probas a celebrar no Pazo da Cultura e no Pavillón de A Gándara.
Narón, 30 de Abril de 2015.- O Pazo da Cultura do Concello de Narón acolleu hoxe a presentación do Campionato de España de Baile Deportivo na modalidade de Bailes Latinos, que se levará a cabo en Narón no último fin de semana do mes de xuño. Nesta convocatoria tamén se celebrará o Campionato de España de Danza Coreográfica, a Copa Promoción Española e a Final da Liga de Promoción. O evento foi presentado en rolda de prensa polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Federación Española de Baile Deportivo, Luis Vañó. Estiveron acompañados polo Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o presidente do Club de Baile Deportivo (CBD) Narón e comisario da Competición, Román Rodríguez. Está prevista a participación aproximada de 550 parellas de baile procedentes de toda España, que participarán neste campionato que se disputará no Pazo da Cultura e no Pavillón Polideportivo de A Gándara nas seguintes datas: -Venres 26 de xuño: Campionato de España de Baile Coreográfico. -Sábado 27 e domingo 28 de xuño: Campionato de España de Baile Latino, Copa Promoción Española e Final da Liga de Promoción. En concreto serán 1.120 bailarín e bailarinas os que tomarán parte nas competicións, que estarán valoradas por 30 dos mellores xuíces do Estado español. A Federación Española de Baile Deportivo ten elixido a Narón como epicentro deste campionato por ser o CBD Narón o Clube con maior número de licencias de toda España, e o seus deportistas teñen conseguido notables resultados a nivel autonómico, estatal e internacional. Actualmente o CBD Narón proclamouse Subcampión de España por Clubes. Unha vez rematado o Campionato, o luns 29 de xuño terá lugar en Narón o Congreso Nacional de Xuices de Baile Deportivo, ó que asistirán tódolos xuices de España (alrededor dun centenar) e no que renovarán as súas licencias anuais. Está organizado pola Federación Española de Baile Deportivo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal