Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO ACOLLE A MOSTRA DE TEATRO INFANTIL NA QUE PARTICIPAN 4.000 ESCOLARES
Alumnos de tódolos colexios e institutos de Narón pasarán durante este mes polo Auditorio, como espectadores de excepción. Ademáis, por vez primeira, a Mostra de Teatro levarase ás garderías públicas para os pequenos de entre 6 meses e 3 anos.
Martes, 13 de Novembro de 2007.-A Concelleira de Cultura, Manuela Pérez Sequeiros, presentou onte en rolda de prensa unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil, que ven organizando o Padroado de Cultura de Narón dende o ano 1981. A principal novidade de este ano é a participación dos nenos de 6 meses a 3 anos de idade nas representacións teatrais, para o que as compañías desprazaranse ata as escolas infantiles municipais situadas en Piñeiros e A Solaina. Segundo explicou a concelleira, en total participarán perto de 4.000 nenos dos colexios de A Gándara, A Solaina, Virxe do Mar, Ayala, Santiago Apóstol, O Feal, Ponte de Xuvia, Piñeiros, C.R.A., e Jorge Juan. Tamén asistirán os estudiantes dos institutos de As Telleiras e Terra de Trasancos. Además, están convidados outros 300 escolares dos colexios O Ramo, de Barallobre (Fene), A Xunqueira (Fene), Nicolás del Río (Cedeira), e Luis Vives (Pontedeume). A Mostra se prolongará ata o día 29 de Novembro e conta cun orzamento cercano ós 50.000 euros, tal e como apuntou Manuela Pérez Sequeiros. “Esta é a Mostra máis grande de Galicia, na que participan tódolos centros públicos e concertados de Narón”, engadíu a Edíl. En total haberá 24 representacións, a cargo das seguintes compañías teatrais: Artello Teatro, PTV Clowns, Pikor Teatro, Teatro Paraíso, Fantasía en Negro, Teloncillo, e Achiperre Teatro. O responsable do Padroado de Cultura, Luciano Fernández, señalou hoxe na rolda de prensa que tódalas pezas teatrais van acompañadas dunha unidade didáctica, co fin de facer reflexionar ós escolares sobre a temática de cada unha das obras. Para transportar a tódolos estudiantes dende os seus centros ata o Auditorio do Alto, haberá 11 autobuses que partirán a diario dos distintos colexios e institutos que participan nesta edición da Mostra de Teatro Infantil.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal