Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA DE NARÓN ACOLLEU A CELEBRACIÓN DA CARREIRA POLA LINGUA 'CORRELINGUA 2015'
Asistiron un total de 945 alumnos/as de Infantil e Primaria da comarca.
Narón, 7 de Maio de 2015.- O entorno do Pazo da Cultura de Narón acolleu esta mañá a celebración da carreira pola lingua ‘Correlingua 2015’ na que tomaron parte un total de 945 estudantes de Educación Infantil e Primaria de 11 colexios da comarca. A relación de centros participantes foi a seguinte: Fene -CEIP Centieiras -CEIP Os Casais Ferrol -CEE T. Ferrol -CEIP Recimil -CEIP Esteiro -CEIP Isaac Peral Narón -CRA Narón -CEIP A Solaina -CEIP Piñeiros -CEIP Virxe do Mar Neda -CEIP Maciñeira O programa desenvolveuse a partires das 9:45 horas, coa chegada dos escolares en autobuses e a realización dunha carreira simbólica no exterior do Pazo. A continuación procedeuse á lectura dun Manifesto pola lingua e se levaron a cabo varias actuacións no interior do auditorio. Un grupo da Escola de Actores e Actrices de Narón encargouse de desenvolver unha sesión de contacontos, e o cantante Paco Nogueiras puxo a nota musical ó evento. O presentador do acto foi Xurxo Souto, membro dos Diplomáticos de Montealto. O Correlingua 2015 estivo organizado pola agrupación de CIG-Ensino, a Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística. O Concello de Narón colaborou sufragando o transporte dos alumnos/as e profesores dos 4 colexios de Narón que participaron neste programa. A Concelleira de Educación de Narón, Mª del Carmen Espada, estivo presente na gala, manifestando así o seu apoio a este evento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal