Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENCONTRO ENTRE O GOBERNO LOCAL E A ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PLAN FERROL
O Alcalde informoulles do proceso de comercialización do sector IV do Polígono de Río do Pozo, e pediulles que xestionen axudas ante a Xunta para mellorar o parque empresarial.
Narón, 13 de Novembro de 2007.- O Alcalde de Narón, Xoán Gato, informou hoxe do contido da reunión mantida onte en Madrid co director de Promoción e Desenvolvemento da Entidade Pública del Suelo (SEPES), Francisco Moza, no que estivo acompañada pola Concelleira de Promoción e Xestión de Polígonos Industriais de Narón, Angeles Díaz. Tal e como explicou o rexedor, a SEPES presentará o sector IV do polígono de Río do Pozo nun acto público que se desenvolverá o próximo 12 de decembro en Narón, e a partires de ahí comezará o proceso de comercialización das 144 parcelas. Respecto ó coste da superficie industrial, Gato sinalou que a SEPES establecerá un precio medio de 65€/m2, aínda que as da vía central terán un coste superior e as máis alonxadas serán máis económicas. O Alcalde lembrou que esta cifra é semellante ó prezo de venta do sector III, ó que se suma o IPC acumulado dende xuño do 2004, data na que se fixou o prezo desas parcelas. Engádese un sobrecoste de 4 euros por metro cadrado como cánon de construcción da subestación eléctrica. O director da SEPES comprometeuse onte a construir esta subestación co fín de dar enerxía eléctrica á nova fase do polígono. O Alcalde explicou que Unión Fenosa construirá esta instalación, con un coste total de entre 8 e 10 millóns de euros, que repercutirá no prezo de venta das parcelas. “Dará servizo ó polígono pero no futuro tamén podería suministrar enerxía eléctrica ó polígono de Leixa, en Ferrol”, sinalou Xoán Gato. Dende o Concello lémbrase que actualmente existen 73 empresas peticionarias de superficie en Río do Pozo, o que suporía unha ocupación dun 50% do suelo total, aínda sen saír a subasta. “Esto é un éxito e amosa que a comarca de Ferrolterra ten un valor engadido, aínda que moita xente non crea nela”, engadíu o Alcalde. Fruto da boa resposta empresarial, dende o Concello de Narón xa se pensa en habilitar unha nova superficie industrial neste municipio, toda vez que Ferrol aínda non dispón de suelo. “Temos emprendedores, man de obra e xente que aposta por nos. É unha satisfacción ver cómo esto sae adiante, e nós non podemos agardar polo polígono de Leixa”, comentou. Estas declaracións foron realizadas polo Alcalde logo da reunión mantida hoxe coa Asociación Impulsora do Plan Ferrol (AIPF), no Concello de Narón. A este respecto, Xoán Gato pedíu á AIPF que en cada unha das reunións que manteña esta asociación coa Xunta “poida saír adiante un tema real e a curto prazo, como a instalación do gas ou a telefonía no polígono”, engadíu respecto ás carencias do sector IV de Río do Pozo. Xoán Gato explicou que Narón “ten feitos os seus deberes ó longo da historia deste municipio, apostando por unha reindustrialización da comarca. Agora é necesaria a implicación doutras administracións”, dixo. Na mesma liña situóuse o presidente da AIPF, Angel García, lembrando que esta asociación segue a apoiar o Plan Ferrol “aínda que non vemos o respaldo da Xunta nin do Estado. Queremos un compromiso efectivo, para resolver os desequilibrios territoriais e xerar emprego”, dixo. García lembrou que o prazo que teñen as novas empresas para solicitar axudas do Ministerio de Industria remata o vindeiro 21 de Novembro, antes do inicio da venta de Río do Pozo. “En Ferrolterra non hai máis suelo industrial disponible que éste. E por iso queremos que o goberno faga unha prórroga destas axudas, que superan os 44 millóns de euros”, dixo o presidente da AIPF. Esta petición se formalizará a través da Xunta de Galicia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal