Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA 10ª CONCENTRACIÓN MOTEIRA 'CIDADE DE NARÓN'
Se desenvolverá do 5 ó 7 de xuño, coa participación aproximada de 2.000 moteiros procedentes de toda España.
Narón, 22 de Maio de 2015.- O Concello de Narón acolleu hoxe a presentación da X Concentración Moteira ‘Cidade de Narón’ que se desenvolverá os días 5, 6 e 7 de xuño, tendo a base no Paseo Marítimo de Xuvia. Na presentación deste evento participaron o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, o presidente do Motoclub Fojeteiros, José Mª López Quintián, o secretario, José Antonio Suárez Leirachá, e unha das vocais, Carmen Alvariño Fornos. O Alcalde de Narón felicitou ó Motoclub Fojeteiros por chegar ós dez anos de celebración deste evento, “que está consolidado dentro do calendario de concentracións, e que ten unha repercusión económica moi importante para o municipio” sinalou José Manuel Blanco. En nome do Concello, o primeiro edil tamén felicitou ó club “polo enorme esforzo organizativo que ten unha concentración destas características, na que se darán cita máis de 2.000 moteiros de toda España”. Na mesma liña expresouse a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, quen animou ós veciños da comarca a achegarse ó paseo marítimo de Xuvia para disfrutar das actuacións musicais, e convidou tamén á xente a contemplar a ruta das antorchas, “ese gran homenaxe que se fai ós moteiros que perden a vida nas estradas” declarou. A edil de Deportes tamén quixo agradecer ó Motoclub Fojeteiros “ a colaboración desinteresada que nos prestan ó longo do ano nos eventos que organizamos dende o Concello, tanto en probas deportivas coma en actividades de educación vial” lembrou. As principais novidades desta edición son o cambio de emprazamento da exhibición acrobática (que se traslada do polígono de Río do Pozo ás inmediacións da Escola Infantil de San Xiao), unha Competición de Bateis a cargo do Club de Remo Narón, e unha Master Class de Zumba. Na 10ª Concentración Moteira, o Motoclub Fojeteiros mobilizará aproximadamente a 70 socios para levar a cabo o intenso programa de actividades, que é o seguinte: Venres 5 de xuño -18:00 horas: Inauguración e apertura de Inscricións. -Mercadillo Moteiro. -21:00 horas: Cea para inscritos. -22:00 horas: Concerto dos grupos Warning Rock Band, The Ladies, e Padel Rock. Sábado 6 de xuño -10:30 horas: Apertura de Inscricións. -Mercadillo Moteiro. -11:00 horas: Ruta Mototurística ata o municipio de Cedeira. -14:00 horas: Xantar na Carpa. -17:00 horas: Exhibición acrobática na explanada situada fronte á Escola Infantil de San Xiao, a cargo de Narcís Roca. -17:00 horas: Regata de Bateis no paseo marítimo de Xuvia, organizada polo Club de Remo Narón. Domingo 7 de xuño -10:00 horas: Almorzo moteiro. -11:30 horas: Ruta Mototurística ata a praia de Doniños. -11:30 horas: Master Class de Xumba no paseo marítimo de Xuvia, a beneficio da Asociación Alba Pérez de loita contra o cancro infantil. -14:00 horas: Xantar na carpa. -15:00 horas: sorteo de agasallos entre os inscritos. Despedida e clausura. Ademáis, durante os tres días a organización disporá dun lugar para a recollida de tapones, que irán destinados á iniciativa de “Alba, la promesa”. Durante estos tres días, haberá aparcamento libre na estrada de Castela, na explanada situada nas inmediacións da empresa Megasa. As persoas interesadas en participar na Concentración Moteira poderán inscribirse anticipadamente, ou ben no propio evento. O prezo é de 35€ de venres a domingo, e 30€ do sábado pola tarde ó domingo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal