O CONCELLO E A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA REALIZAN UNHA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE OS PERIGOS DA VESPA VELUTINA
As charlas se levarán a cabo en Doso, San Xiao, Castro, A Gándara e San Mateo. Consulte aquí o calendario.
Narón, 22 de Maio de 2015.- A Concellería de Medio Ambiente de Narón, dirixida polo edil Manuel Ramos, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA) levará a cabo a partires da vindeira semana unha Campaña informativa e de sensibilización sobre os riscos que conleva a invasión da vespa velutina.
As charlas, de carácter gratuito, se celebrarán en diferentes barrios e parroquias de Narón, atendendo ó seguinte calendario:
-Luns 25 de maio: Local Social Municipal de Doso (ás 17:30 horas)
-Mércores 27 de maio: Local Social de San Xiao (ás 19:30 horas)
-Venres 29 de maio: Local Social de Castro (ás 19:00 horas)
-Luns 1 de xuño: Local Social de A Gándara (ás 19:00 horas)
-Venres 5 de xuño: Local Social de San Mateo (ás 18:30 horas)
Este programa pretende concienciar á poboación sobre o perigo da vespa asiática, que está causando moitos problemas ós apicultores, madereiros e froiteiros, e tamén representa un perigo para a poboación en xeral e para o medio ambiente. Nestas charlas daranse a coñecer os riscos que conleva a súa presenza e se pedirá a implicación da veciñanza para localizar e avisar da presenza de niños de vespas asiáticas.
No ano 2014 constatouse a súa presencia en varios puntos do municipio e polo momento, hai poucas medidas efetivas para deter seu avance. As únicas son a destrución de niños e a captura de raíñas mediante trampas nos meses de febreiro e maio, cando saen da invernación para crear novas colonias.