Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
JOSÉ MANUEL BLANCO TOMARÁ MAÑÁ POSESIÓN COMO ALCALDE DE NARÓN
O alcalde en funcións collerá o bastón de mando no transcurso dun acto que comezará a celebrarse ás doce do mediodía no salón de plenos do Concello
Narón, 12 de xuño de 2015. O alcalde en funcións de Narón, José Manuel Blanco, recibirá mañá de novo o bastón de mando da localidade. A sesión de investidura celebrarase nun acto que comezará ás doce do mediodía no salón de plenos do Concello. O reelixido alcalde de Narón liderou a lista de Terra Galega nas eleccións do pasado 24 de maio, que recibiu o apoio maioritario dos naroneses e naronesas, obtendo dez dos vinte e un concelleiros da corporación local. Blanco iniciará o vindeiro luns unha nova lexislatura na localidade, á fronte da corporación local, tras ser reelixido nun cargo que xa ostentou en Narón durante os últimos seis anos e despois de máis de dúas décadas formando parte da corporación local. O rexedor en funcións estará acompañado por un equipo ao que se incorporan varias persoas pero que tamén mantén a varios edís do anterior mandato. O alcalde en funcións asegurou que asume o cargo coñecedor da responsabilidade que supón e incidiu en que tanto el como o seu equipo continuarán traballando a partir do vindeiro luns polo benestar dos veciños e veciñas de Narón. Amigos, familiares e simpatizantes de Terra Galega respaldarán mañá a investidura de José Manuel Blanco, así como o resto de integrantes da lista do partido no municipio, da que forman parte Marián Ferreiro, Manuel Ramos, Natalia Hermida, Pablo Mauriz, Guillermo Sánchez Fojo, Mar Gómez, Román Romero, Mercedes Taibo e Ibán Santalla.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal