Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTADO AO TRÁFICO RODADO UN TRAMO DO VIAL ENTRE A PONTE DAS CABRAS E A ROTONDA DA TRINCHERA POLAS OBRAS DE SANEAMENTO
Permanecerá pechado ao tráfico rodado en ambos carrís de circulación –e nos dous sentidos- desde hoxe ata que rematen as obras previstas na zona.
Narón, 18 de xuño de 2015. A Policía Local de Narón anunciou un novo corte de tráfico na cidade debido á execución dos traballos de saneamento da ría. O tramo comprendido entre a rotonda da Ponte das Cabras, na estrada de Castela, e a glorieta da Trinchera, na FE-11, permanecerá pechado ao tráfico rodado en ambos carrís de circulación –e nos dous sentidos- desde hoxe ata que rematen as obras previstas na zona. Os conductores deberán utilizar nos vindeiros días rutas alternativas para circular polo tramo afectado polos cortes de tráfico. Conscientes das molestias que poida ocasionar esta medida, desde o Concello aseguran que se tratará de axilizar o final das obras para poder reabrir canto antes a zona á circulación rodada.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal