PROHIBICIÓN DE USO DA AUGA DA REDE DE ABASTECEMENTO MUNICIPAL PARA BEBER OU COCIÑAR
O Concello informa á poboación a través dun bando difundido a través de medios sociais, e tamén pola Policía Local e voluntarios de Protección Civil
Narón, 17 de xullo de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asina un bando no que se informa á poboación da prohibición de utilizar para consumo humano -beber e cociñar- auga procedente da rede de abastecemento municipal. A Xefatura Territorial de Sanidade comunicou por escrito aos concellos afectados: Ferrol, Narón, Fene, Ares e Mugardos, que a auga incumpre os parámetros químicos de abastecemento para ser inxerida polas persoas.
Desde o Concello estase a informar á poboación a través dos bandos e comunicacións realizadas en redes sociais e tamén pola Policía Local e voluntarios de Protección Civil tanto na zona urbana como na rural.
A prohibición manterase ata novo aviso.