Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS EDÍS MANUEL RAMOS, GUILLERMO SÁNCHEZ FOJO E PABLO VILLAMAR PRESIDEN AS TRES COMISIÓNS INFORMATIVAS
As de Obras e Actividade Social quedan en mans dos concelleiros de TEGA e a de Contratación nas do BNG
Narón, 22 de xullo de 2015.- A corporación local de Narón retomou esta semana a celebración das diferentes Comisións Informativas, cuxa composición se aprobou no pleno correspondente. A Comisión Informativa de Obras, Urbanismo e Servizos, que tivo lugar o pasado 20 de xullo, está presidida polo edil de Urbanismo, Medio Ambiente, Patrimonio e Bens Inmobles, Manuel Ramos (Terra Galega). Forman parte da mesma os edís de TEGA Ibán Santalla, Pablo Mauriz e Mar Gómez; os populares Miguel de Santiago e Laura Pena; o socialista Octavio Dopico; o nacionalista Pablo Villamar, e Alfonso Casal (Eliximos Narón Electores), do Grupo Mixto. O concelleiro de Protección Civil, Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, está á fronte da Comisión Informativa de Desenvolvemento da Actividade Social e Igualdade, na que tamén están os edís de TEGA Marián Ferreiro, Román Romero e Mercedes Taibo; en representación do PP as concelleiras Laura Pena e Patricia Aneiros; a socialista Catalina García, e a nacionalista Teresa Sabio, ademais de André Abeledo (EU), do Grupo Mixto. A primeira xuntanza desta comisión tivo lugar na xornada do pasado día 21. A Comisión de Contratación, Persoal e Especial de Contas, que se reunirá o día 23 deste mes ás 10.00 horas, está presidida polo nacionalista Pablo Villamar. Forman parte da mesma Natalia Hermida, Mar Gómez, Román Romero e Mercedes Taibo, por Terra Galega; Hipólito Fariñas e Marcos López, do PP; o socialista Octavio Dopico e Alfonso Casal (ENE), do Grupo Mixto. Así mesmo, forman parte da Comisión especial de seguemento da revisión do PXOM de Narón, presidida polo alcalde, José Manuel Blanco (TEGA) os edís: Manuel Ramos (TEGA); Marcos López (PP); Octavio Dopico (PSOE); Pablo Villamar (BNG) e Alfonso Casal (Grupo Mixto). A Xunta de Portavoces, da que tamén está á fronte o rexedor local naronés, José Manuel Blanco, está integrada polos portavoces dos grupos políticos con representación municipal: Marián Ferreiro (TEGA); Miguel de Santiago (PP); Catalina García (PSOE); Pablo Villamar (BNG) e André Abeledo (Grupo Mixto). Tanto nas Comisións Informativas como na Xunta de Portavoces, un dos representantes do Grupo Mixto (EU e Eliximos Narón Electores) terá dereito a intervir pero non a votar, reservándose esta opción a o que acordaron designar en cada unha destas convocatorias.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal