Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS MUNICIPAIS DESTINADAS A ASOCIACIÓNS E ANPAS DE NARÓN
As entidades interesadas en acollerse á liña de axudas poden solicitar máis información na Escola Municipal de Participación Cidadá, na Casa da Cultura
Narón, 24 de xullo de 2015.- A concelleira de Acción Social, Catalina García, explicou que as asociacións do municipio que desexen acollerse á liña de axudas habilitada polo Concello dispoñen de prazo ata o vindeiro 17 de agosto para entregar no Rexistro a documentación pertinente. O goberno local destinará unha partida total de 40.000 euros ás diferentes entidades da localidade –excepto as deportivas, que teñen unha convocatoria específica-, co fin de contribuír a sufragar os gastos derivados das actividades que realizan ao longo do ano. García e a responsable da Escola de Participación Cidadá de Narón, Maica Rodríguez, reuníronse o pasado mércores con representantes de dezaseis entidades de Narón –citouse a todas as que figuran no rexistro municipal- para explicarlles as áreas que se poden beneficiar da convocatoria, como son as de Medio Ambiente, Infancia, Igualdade ou recuperación do patrimonio, entre outras. Á convocatoria asistiron tamén a concelleira de Ensino de Narón, Mercedes Taibo, e o edil Alfonso Casal, do Grupo Mixto. Na xuntanza había representantes das asociacións de Veciños Trasancos (Santa Icía), O Alto, Os Irmandiños (O Val) e Virxe de Fátima (Freixeiro); da Anpa O Buxato, do CPI O Feal; das entidades culturais Celeuma e Xeración; da Asociación Deportiva e Cultural En Forma e das asociacións BBTTA, Ledicia Cativa, Diabéticos Ferrolterra, Arraigo e ASCM. A concelleira de Acción Social explicou aos asistentes ao encontro os criterios de baremación para a concesión destas axudas. As entidades locais que así o desexen poden informarse na Escola de Participación Cidadá de Narón –ubicada na Casa da Cultura, xunto ao Concello- ata o vindeiro 31 de xullo, sendo preciso concertar cita a través do número de teléfono 629 747 336 (Maica) ou na dirección: escoladeparticipacioncidada@cidadania.coop. Nas oficinas ofrecerase ademais axuda ás persoas que o requiran para cubrir os impresos e solicitar os proxectos aos que se destinarán as axudas, que deberán xustificarse no primeiro trimestre de 2016.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal