Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMENZAN AS DEGUSTACIÓNS DE PEMENTO DO COUTO E TOMATE NEGRO NOS ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS Á CAMPAÑA NARÓN GASTRONÓMICO
Dezasete establecementos de hostalería da zona urbana e rural de Narón servirán tapas gratuítas elaboradas con estas hortalizas esta fin de semana e a vindeira
Narón, 30 de xullo de 2015.- Un total de dezasete establecementos de hostalería localizados en diferentes barrios e parroquias de Narón comezaron a servir gratuitamente coas consumicións tapas elaboradas con pementos do Couto e tomate negro cultivados no municipio. A iniciativa “Horta de Narón 2015” enmárcase no programa Narón Gastronómico, coorganizado polo Concello naronés, xunto coa Cooperativa do Val; Mercaval e a Denominación de Orixe Ribeiro. Todas aquelas persoas que desexen degustar as diferentes tapas poden facelo desde o 31 de xullo ao 2 de agosto e do 6 ao 9 de agosto nos establecementos participantes, ao mediodía e tamén á tarde-noite. Os clientes recibirán coas consumicións unhas tarxetas nas que deberán cumplimentar uns datos persoais para depositalas nunha urna instalada en cada local e poder así participar en varios sorteos. Os agasallos son unha fin de semana nun establecemento de turismo rural (con aloxamento, comida e unha visita a unha bodega con D.O. Ribeiro), a cargo da Denominación de Orixe Ribeiro; un vale de compra de 200 euros e tres de 100 euros que entregará Mercaval –nome comercial das tendas que a cooperativa do Val ten nesta última parroquia naronesa e en Serantes (Ferrol)- e cinco lotes cunha guía de viños, un libro do Ribeiro, unha botella de viño branco e outra de tinto e merchandising. A iniciativa conta co respaldo do Concello de Narón a través da Concellería de Promoción Económica, que dirixe o edil Pablo Villamar. A convocatoria ten entre os seus obxectivos, tal e como recordou o concelleiro naronés, “a posta en valor dos produtos da gastronomía local, neste caso o pemento do Couto, con distintivo de Indicación Xeográfica Protexida, o que constata a súa calidade, e o tomate negro que cultivan produtores locais e que tamén permite múltiples posibilidades á hora da súa degustación grazas ás súas destacadas características”.
Descarga de archivos
Horta de Narón
Tamaño:1,33 MB
Mapa locais
Tamaño:1,55 MB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal