Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN ADXUDICARÁ 1.500 HORAS PARA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
A Consellería de Traballo e Benestar incrementou a cantidade de horas consignadas ao Concello naronés
Narón, 18 de agosto de 2015.- O Concello de Narón recibiu unha notificación da Consellería de Traballo e Benestar na que se lle comunica a concesión, por parte da Xunta de Galicia, dun incremento de 1.500 horas para o servizo de atención ás persoas en situación de dependencia. A concelleira de Acción Social, Catalina García, valorou o feito de poder incrementar a través desta iniciativa a atención a este colectivo a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O departamento de Servizos Sociais do Concello de Narón tiña rexistradas a 31 de xullo deste ano un total de 94 persoas beneficiarias do servizo de dependencia na localidade. Desde a recepción da comunicación das 1.500 horas a maiores, que tivo lugar a finais da semana pasada, están xa adxudicadas e aceptadas polas familias un total de 700 e, de estas últimas, están xa en prestación 265. As 800 horas restantes iranse concedendo entre os meses de agosto e setembro e prestaranse a partir do vindeiro mes de setembro. Os beneficiarios serán as persoas dependentes que estean no listado que cumpre os baremos estipulados pola administración autonómica e poderán acceder a un máximo de 70 horas, no caso de ter recoñecido o grao de dependencia máis elevado, o 3. Algunhas desas persoas recibirán a axuda por primeira vez, se ben outras incrementarán o número de horas de servizo que xa se lles viña prestando. As primeiras horas comezaron a facerse efectivas para os dependentes na xornada de onte, se ben esta axuda se irá aplicando ata esgotar o total das horas concedidas. Catalina García destacou a importancia deste servizo para as persoas dependentes e subliñou o feito de que “administracións como a Xunta de Galicia deberían implicarse moito máis con este servizo, ao que lamentablemente en ocasións moitas persoas non poden acollerse no debido tempo por falta dun maior respaldo económico por parte das administracións supramunicipais, dada a elevada demanda que existe do Servizo de Axuda no Fogar na actualidade”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal