Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PERSOAL DAS EMPRESAS COSMA E URBASER REALIZA TAREFAS DE LIMPEZA NAS VÍAS E PRAZAS PÚBLICAS E NOS COLECTORES DO SANEAMENTO
Estas accións preventivas teñen como finalidade evitar posibles atascos coa chegada das choivas propias dos meses de outono e inverno
Narón, 31 de agosto de 2015.- Dous traballadores da empresa concesionaria do servizo de limpeza no Concello de Narón, Urbaser, encárganse dende hai uns días da limpeza de sumidoiros nas rúas e prazas públicas da localidade. O edil de Servizos de Narón, Ibán Santalla, avanzou que as tarefas actualmente en execución, estarán rematadas o vindeiro mes de outubro. “Trátase dunha actuación preventiva que se realiza cada ano nestas datas para evitar posibles inundacións coa chegada da tempada de choivas propia dos meses de outono e inverno”, apuntou o edil. No caso de que os sumidoiros presenten problemas que non poida reparar o persoal de Urbaser, desde a concesionaria procédese a informar aos responsables da empresa municipal de augas, Cosma, que envían a un equipo cunha motobomba á localización onde se rexistre a incidencia para subsanala á maior brevidade posible. Os traballos en execución compleméntanse cos realizados por tres operarios de Cosma que o pasado mes de agosto levaron a cabo, tamén de modo preventivo, a limpeza de colectores de saneamento na localidade. Ao longo do ano Cosma inspecciona e limpa a rede de saneamento, constituída no termo municipal naronés por douscentos quilómetros de colectores de distintos diámetros. O obxectivo destas intervencións é, ao igual que no caso dos sumidoiros, evitar posibles inundacións. Estas tarefas preventivas súmanse a outras de carácter correctivo que se executan ao longo do ano dende estas dúas empresas no momento en que se detectan problemas puntuais tanto nos sumidoiros como na rede de colectores, tal e como explicou Santalla.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal