Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO "COIDANDO Á COIDADORA" DO "II PLAN DE IGUALDADE DE NARÓN"
As persoas interesadas en participar deben entregar a solicitude antes do 30 de setembro no Concello
Narón, 24 de setembro de 2015. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, anunciou a apertura do prazo de inscrición, ata o 30 de setembro, no obradoiro Coidando á coidadora, enmarcado no II Plan de Igualdade do Concello de Narón. Os destinatarios desta iniciativa son homes e mulleres coidadores/as non profesionais a partir de 18 anos. As persoas interesadas deben anotarse no Rexistro Xeral do Concello –de 8.30 a 13.00 horas-, presentando a solicitude oficial xunto cunha fotocopia do D.N.I. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición e a concesión das mesmas comunicarase por teléfono ás persoas que obteñan unha das quince dispoñibles. O obradoiro Coidando á coidadora desenvolverase entre o 2 de outubro e o 18 de decembro, os venres, en horario de 18.30 a 20.30 no Centro Comunitario “Manuela Pérez Sequeiros”. As sesións permitirán aos participantes adquirir habelencias básicas e de reforzo psicolóxico para coidadoras non profesionais de persoas dependentes, tal e como apuntou a edil de Promoción Social. Entre os obxectivos destes obradoiros están, recordou Teresa Sabio, contribuír ao desenvolvemento persoal e benestar das persoas dependentes; mellorar os seus recursos para potenciar o seu autocoidado e aumentar a súa formación e habilidades para poder atender a dependentes. As clases dividiranse en catro bloques: Estratexias de autocoidado; Estratexias para afrontar situacións difíciles; Emocións e sentimentos e Estratexias para mellorar a comunicación. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario, chamando ao teléfono 981 337 700 (ext. 1113 e 1115).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal