Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROGRAMA VARIOS ACTOS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES
O vindeiro 1 de outubro rendirase unha homenaxe a persoas centenarias do municipio
Narón, 24 de setembro de 2015. O Concello de Narón celebrará con varios actos o Día Internacional das Persoas Maiores, que se conmemora o 1 de outubro. O acto central terá lugar durante esa xornada, cunha recepción e visita institucional a modo de homenaxe a persoas centenarias da localidade que presidirán o alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio. A edil naronesa mantivo esta semana unha reunión con asociacións de maiores do concello para explicarlles o programa a desenvolver con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores. Á convocatoria asistiron representantes da Fundación Terra de Trasancos, do Val; das asociacións de maiores de Santa Icía e Piñeiros e do Centro Comunitario “Manuela Pérez Sequeiros”, se ben aos da entidade de Pedroso, que non puideron acudir, se lles explicou o contido do mesmo. No marco desta programación inclúense ademáis dous obradoiros que se desenvolverán no mes de outubro en diferentes locais da Terceira Idade. Un sobre “Graffiti”, cuxo obxectivo é favorecer as relación interxeracionais a través da estimulación artística dos maiores de 55 anos e no que con axuda de sprays e unhas plantillas –que facilitará o Concello- aprenderán a decorar paredes, camisetas, etc., e outro de “Manexo de móbil intelixente”, para ensinar aos maiores a desenvolverse con estes teléfonos e poder facer videochamadas, descargar aplicacións, cambiar as pantallas, etc. O primeiro dos cursos constará de catro sesións de hora e media de duración –pola mañá ou á tarde- e o segundo de cinco sesións tamén de hora e media e con horario pendente de fixar. A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, anima aos maiores da localidade a implicarse nestes obradoiros, “que axudarán aos asistentes, neste caso, a desterrar estereotipos sobre a idade a través das técnicas do graffiti e tamén a manexar diferentes aplicación dos móbiles, aproveitando así todas as posibilidades que ofrecen a día de hoxe os servizos de telefonía”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal