Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A INSTALACIÓN DE POSTOS DE VENTA NO MERCADO DE SEGUNDA MAN DE SEDES
A conovocatoria terá lugar o vindeiro 13 de decembro no recinto feiral do Trece
Narón, 17 de novembro de 2015. As persoas interesadas en instalar un posto de venta na sétima edición do Mercado de Segunda Man que se celebrará o 13 de decembro no recinto feiral do Trece, en Sedes, poden xa inscribirse, de balde, no Rexistro do Concello. A iniciativa, tal e como recordou a edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez, diríxese a particulares e estará limitada a un total de 120 postos. O prazo para anotarse rematará o 5 de decembro. Os participantes deben ser maiores de idade e non poderán vender animais, produtos alimenticios, bebidas nin artesanía, según se recolle nas bases da convocatoria. Desde o Concello facilitaráselles unha mesa e unha cadeira a cada responsable dos postos para o espazo que lles sexa asignado dentro do recinto feiral. Así mesmo, os titulares dos mesmos terán que comprometerse a entregar como mínimo un quilo de alimentos ou produtos de limpeza que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.
Descarga de archivos
Ficha de inscrición
Tamaño:164,13 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal