Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADOS OS ORZAMENTOS DO CONCELLO PARA O VINDEIRO ANO
O Pleno do Concello de Narón aprobou hoxe o Orzamento Xeral para o ano 2008, fixado en 31.846.400 euros. Esta cantidade supón un incremento de máis de 7 millóns de euros respecto ó presuposto deste ano, que partíu de 24.106.235 €.
Narón, xoves 20 de Decembro de 2007.- O Concelleiro de Xestión Orzamentaria, Jose Manuel Blanco, lembrou durante o transcurso do pleno extraordinario que o Orzamento do Concello para o 2008 “representa un crecemento moderado pero firme, no que apostamos por manter os servizos e aumentar a inversión, para o cal temos que facer tamén un esforzo fiscal”, dixo. A maior parte do crédito, 26.800.000 €, procede de fondos propios e os 5 millóns restantes son recursos financieiros de préstamo. O capital se repartirá en nove capítulos, sendo o maior deles o do gasto corrente, cun 38,75% da inversión prevista por un importe total de 12.339.750 euros. A segunda partida importante é a de inversións, que concentra o 26% do orzamento e que se traduce en 8.280.150 euros. Neste apartado, o Concello inclúe as novas obras que se realizarán no 2008 tales como a urbanización do polígono de As Lagoas (1.300.000 €), a travesía da Gándara (1.940.000 €), a merca de patrimonio (500.000 €), o equipamento escénico do Pazo da Cultura (446.000 €), o paseo subterráneo da rúa Covadonga (685.999€), o Centro de Día de Maiores (467.000 €), o paso aéreo de FEVE (500.000 €), a 5ª fase do parque fluvial de Freixeiro (349.000 €), a cubrición da pista polideportiva de Castro (244.000 €), ou a construcción de vestiarios en Piñeiros (266.000 €). O capítulo de persoal concentra tan só o 21,32% da inversión e se traduce en 6.789.100 € de capital disponible para cubrir os gastos dos 150 empregados municipais, e nel se inclúen tamén as 14 novas prazas de funcionarios que se convocarán durante o ano 2008 – correspondentes a un arquitecto municipoal, un técnico de urbanismo, un técnico informático, catro administrativos, e sete auxiliares administrativos- . O Alcalde, Xoán Gato, lembrou hoxe durante o Pleno que Narón “é o concello menos endeudado de Galicia, gracias ó noso sistema de crecemento sostido”, comentou en referencia ó 1,35% de débeda pública contemplada nos Orzamentos do 2008. Na sesión plenaria tamén se aprobou o cadro de persoal do Concello de Narón para o 2008, e as Ordenanzas Fiscais do vindeiro ano, que se incrementarán en términos xerais o equivalente ó IPC.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal