Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E ASPANEMI COORGANIZAN AS "XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE A IMPORTANCIA DA ATENCIÓN TEMPERÁ E A ESTIMULACIÓN PRECOZ"
A convocatoria desenvolverase o 12 de decembro no Centro Comunitario Municipal "Manuela Pérez Sequeiros"
Narón, 10 de decembro de 2015. A Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía (Aspanemi) e o Concello de Narón coorganizan unhas “Xornadas informativas sobre a importancia da atención temperá e a estimulación precoz”. A actividade terá lugar o día 12 de decembro, entre as 10.30 e as 14.00 horas, no Centro Comunitario Municipal “Manuela Pérez Sequeiros” de Narón. O Concello de Narón cofinancia esta actividade. A encargada de inaugurar a convocatoria será a edil de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, e como poñentes asistirán o presidente da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), Xaime Ponte, que falará sobre “Unidades de atención temperá” e Cristina Casteleiro, nai dun rapaz, Lucas, que exporá a súa experiencia sobre a “Vivencia do nacemento de Lucas”. Trala pausa para un café chegará o turno de intervención de Susana Piñeiro, da Asociación Bbtta, que falará sobre os “Beneficios da lactancia materna” para, a continuación, pechar as ponencias a fisioterapeuta Ana Novo, abordando o tema da “Fisioterapia neurolóxica e manexo do neno con dificultade de movemento”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal