Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O BELÉN NAVIDEÑO DA POLICÍA LOCAL ESTÁ EXPOSTO NO CUARTEL DA ESTRADA DE CEDEIRA
As persoas que desexen ver o Belén, cunha mensaxe encriptada poden facelo os días laborables pola mañá ou concertando un horario os festivos
Narón, 11 de decembro de 2015. O cuartel da Policía Local de Narón, no número 10 da estrada de Cedeira, acolle o tradicional Belén navideño da Policía Local, configurado cunha mensaxe encriptada e donde cada elemento é fundamental para a interpretación do mesmo, en función de varios factores. Desde o citado Corpo convocaron un concurso interpretativo no que poderán participar os funcionarios e persoal laboral do Concello de Narón, así como os seus cónxuxes e descendentes de primeiro grao de consanguinidade. Os participantes optarán a dous premios de 50 euros cada un e dous diplomas e terán que escribir nun documento o que lles transmite o Belén, cun mínimo de 297 palabras e un máximo de 1.089, según consta nas bases. O fallo do concurso será o 1 de febreiro de 2016 e a entrega dos premios realizarase nos actos conmemorativos do patrón da Policía Local do vindeiro ano. A pesares de que o certame convocado non se dirixe ao público en xeral, as persoas que o desexen poderán visitar este Belén navideño nas citadas instalacións municipais da estrada de Cedeira, en horario de 07.30 a 14.30 horas os días laborables. No caso de querer acudir un día festivo é preciso poñerse antes en contacto coa Policía Local –no número de teléfono 981 381 700- para poder concertar o horario.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal