Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A SÉTIMA EDICIÓN DO MERCADO DE SEGUNDA MAN DE SEDES CONTARÁ CUN CENTENAR DE POSTOS DE VENTA
A cita será o domingo 13 de decembro no recinto feiral do Trece
Narón, 11 de decembro de 2015. Un centenar de postos permanecerán instalados o domingo, día 13, na nave do recinto feiral do Trece, en Sedes, para participar na sétima edición do Mercado de Segunda Man organizado pola Concellería de Feiras e Mercados, dirixida pola edil Mar Gómez. As persoas que desexen visitar o mercado poden facelo en horario de mañá e tarde, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00. Roupa, calzado, libros, bisutería e antigüidades son algúns dos artículos que se porán á venta neste evento, no que tamén se habilitará un espazo no que se poderán realizar doazóns de alimentos non perecedeiros e produtos de hixiene para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. Unha persoa encargarase de ir polos diferentes postos para recoller a doazón á que se comprometeron no momento de inscribirse, de alomenos un quilo de alimentos para as citadas instalacións. Así mesmo, entre os postos de venta instalados para a ocasión haberá un dedicado específicamente á exposición de antigos aparatos de radio, tal e como apuntou Mar Gómez. A concelleira de Feiras e Mercados valorou a resposta dos participantes nesta cita e recordou ás persoas interesadas en visitar o Mercado de Segunda Man que terán a oportunidade de participar no sorteo de dúas cestas con produtos do Nadal. Para iso deberán realizar algunha compra nos postos localizados no recinto, onde se lles entregarán as rifas no momento de realizar o pago.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal