Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS NO CONCELLO OS CINCO PRIMEIROS PREMIOS DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
A iniciativa repartiu catro carros de compra e unha cesta con produtos de Nadal e contempla tres novos sorteos similares ata o 4 de xaneiro de 2016
Narón, 14 de decembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, participaron no acto de entrega dos cinco primeiros premios da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”. A sala de prensa acolleu a cita, na que recibiron un carro de compra valorado en máis de 100 euros: Mercedes Gómez, Ramón Castro, Ana María Carballo e María del Carmen López, coas papeletas que hai uns días depositaron nos establecementos Lola Modas, Peluquería Marina Sueiras, Enmarcaciones Prado e Ferretería O Metro, respectivamente. Así mesmo, Loli Montero gañou unha cesta con produtos de Nadal valorada en máis de 150 euros ao resultar premiada a súa papeleta, depositada na urna do establecemento Froitas Améndoa. Villamar valorou o éxito desta campaña de promoción do comercio local e destacou a elevada participación na mesma, tanto de establecementos como de clientela, recordando que á entrega de premios de hoxe sumaránse outras tres de carros e cestas de Nadal e tamén de dous vales de compra de 500 euros cada un e outros dous por importe de 300 euros cada un deles ata o remate desta campaña, o 4 de xaneiro. Pola súa banda, o alcalde naronés agradeceu novamente a participación de establecementos e da veciñanza e felicitou ás persoas premiadas neste primeiro sorteo, ao tempo que animou á veciñanza a apostar polo comercio local, do que destacou a súa calidade. O vindeiro sorteo terá lugar o día 21 de decembro, xornada na que se entregarán cinco carros de compra e outra cesta aos gañadores do segundo sorteo desta campaña.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es