Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ O 19 DE DECEMBRO UN CONCERTO DE SUSANA SEIVANE
A gaiteira interpretará varios temas do seu quinto disco, Fiz
Narón, 17 de decembro de 2015. A gaiteira e cantante Susana Seivane –nacida en Barcelona aínda que de ascendencia galega- dará un concerto o día 19 de decembro no Pazo da Cultura. A música folc tradicional de Seivane chega a Narón con temas do seu quinto álbum, Fiz, inspirado na súa maternidade e que leva o nome do seu primeiro fillo, nacido en 2013. A actuación comezará ás 20.00 horas e terá unha duración aproximada de hora e media, tempo no que a gaiteira fará gozar aos asistentes cun amplo repertorio de pezas tradicionais e de autor, interaccionando co público. As entradas poden adquirirse na taquilla do Pazo a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 euros para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. O horario de despacho de billetes é de luns a venres, entre as 10.30 e as 14.00 horas e de 18.00 a 20.30 e os sábados de 10.00 a 13.00 e desde as 17.00 ata as 20.00 horas. Poden tamén facerse reservas chamando ao número de teléfono da taquilla, o 981 102 897.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal