Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU A ENTREGA DOS AGASALLOS DA CAMPAÑA MUNICIPAL "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
O sorteo repartiu cinco carros de compra e unha cesta con productos de Nadal
Narón, 21 de decembro de 2015. Os gañadores da segunda quenda de sorteos da campaña municipal “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, recolleron os seus premios no Concello. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, felicitou aos gañadores dos sorteos realizados a última semana e animounos a continuar mercando nos comercios locais, apostando polas múltiples posibilidades e a calidade que ofrece o sector no municipio. Os cinco carros de compra con produtos de Nadal foron para Carlos Gutiérrez, Bernadette Román, Carlos Calvo, Carmen Villar e Mónica Dopico, que resultaron premiados coas papeletas depositadas nos establecementos Ferretería Fir, Calzados Star, Accesorios Jufín, La Tienda de Chelo e Aelectro Sensor, respectivamente. A cesta sorteada nesta ocasión foi para Alfonso Ramos, grazas a unha papeleta depositada no establecemento Parafarmacia Andoriña. O vindeiro día 28 de decembro procederase a realizar unha nova entrega de catro carros e unha cesta con produtos de Nadal e a última programada nesta campaña municipal será o día 4 de xaneiro. As persoas que realicen compras nos establecementos adheridos a esta iniciativa terán a oportunidade de recibir algún destes agasallos ao cubrir as papeletas que se entregan ao realizar o pago e depositalas nas urnas habilitadas para os sorteos. Para consultar os establecementos adheridos e as actividades programadas con cargo a esta campaña pódese consultar a páxina: www.comerciodenaron.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal