Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A REPRESENTACIÓN DA OBRA "EL MAGO DE OZ"
A posta en escena desta peza de teatro musical terá lugar o 23 de decembro ás 18.00 horas
Narón, 22 de decembro de 2015. A compañía Nacho Vilar Producciones estará o 23 de decembro no Pazo da Cultura de Narón representando, a partir das seis da tarde, a obra “El Mago de Oz”, dirixida a un público familiar e infantil. Esta actividade enmárcase na programación deseñada pola Concellería de Cultura, á fronte da que está a edil Marián Ferreiro, para esta tempada de Nadal, que se desenvolverá ata o 3 de xaneiro de 2016. Durante case hora e media os asistentes a este espectáculo de teatro musical gozarán coas aventuras que “O Mago de Oz” contará sobre Dorita, unha nena cuxa tranquila vida cos seus tíos dá un xiro espectacular ao ser arrastrada por un tornado e despertar noutro mundo non exento de perigos, aos que terá que facer fronte no seu camiño de volta á casa. As entradas poden adquirirse na taquilla do Pazo a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal