Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS GRUPOS DE CANTO E PANDEIRETA DO PADROADO DA CULTURA LEVARON UN COMPLETO REPERTORIO DE PANXOLIÑAS ÁS ESCOLAS INFANTÍS
Os alumnos e alumnas das garderías da Solaina, A Gándara, Piñeiros e Xuvia gozaron destas xornadas musicais
Narón, 23 de decembro de 2015. Os grupos de Canto e Pandeireta do Padroado da Cultura obsequiaron aos nenos e nenas das catro escolas infantís municipais coas súas actuacións, ao interpretar un completo repertorio de panxoliñas típicas destas datas de Nadal. Os de maior idade animáronse cos seus profesores a cantar algunhas destas cancións, se ben todos eles gozaron coa actividade, na que participaron as concellerías de Ensino e Cultura, dirixidas polas edís Mercedes Taibo e Marián Ferreiro, respectivamente. O pasado día 17 de decembro as actuacións tiveron lugar nas escolas infantís da Solaina e da Gándara, e o día 22 nas de Piñeiros e Xuvia. Os grupos de Canto e Pandeireta do Padroado da Cultura deixaron constancia entre o alumnado destes centros e o profesorado do seu divertido repertorio, o que sen dúbida constata o éxito desta cita pensada para animar as festas de Nadal nestas instalacións, facendo partícipes aos menores da programación deseñada desde o Concello para festexar estas datas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal