A COMPAÑÍA SARABELA TEATRO REPRESENTARÁ "ENSAIO SOBRE A CEGUEIRA" NO PAZO DA CULTURA
A posta en escena desta peza dramática do escritor José Saramago terá lugar o 30 de xaneiro
Narón, 28 de xaneiro de 2016. A compañía Sarabela Teatro representará o sábado día 30 a obra "Ensaio sobre a cegueira" no Pazo da Cultura, baseada nunha novela do premio Nobel José Saramago. A posta en escena terá lugar ás 20.00 horas e as persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas na taquilla do Pazo a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para os abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.
Esta peza dramática, dunha hora e media de duración, conta una historia de supervivencia dun home que de súbito queda cego, co que a súa vida desde entón experimentará un gran cambio e será una continua loita por saír adiante. O elenco da compañía está formada por nove actores e actrices.