Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMEZA O CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO NOS ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS Á CONVOCATORIA
Dezaoito locais participan no certame promovido polo Concello servindo tapas de Entroido de balde coas consumicións ata o vindeiro 10 de febreiro
Narón, 4 de febreiro de 2016. Os dezaoito establecementos de hostalería que participan no Concurso de Tapas de Entroido organizado polo Concello comezaron hoxe, día 4, a servir as tapas coas que se presentan ao certame. Entre as 13.00 e as 15.30 horas e desde as 20.00 ata as 22.30 serviranse de balde coas consumicións diferentes especialidades das modalidades Tapa de Entroido e de Libre creación, doces e salgadas. A Concellería de Promoción Económica, dirixida polo edil Pablo Villamar, promove esta iniciativa, enmarcada no programa “Narón Gastronómico”. Os establecementos nos que se poden degustar diferentes especialidades coas que os hostaleiros se presentan a este certame son: Cervexería Australian (Filloa de Cocido); Cervexería Índalo (Filloa de Entroido e Índalo Creativo); Cervexería O Druída (Espetada de friame de cocido e Café de cocido co seu churriño), Sidrería O Bosque (Tapa Mascariñas); Bar Vituco (Cocido do Entroido e Tortilla con pemento e salsa verde); Gastrobar Piñeiros (Mousse de grelo con queixo do Cebreiro e lacón sobre pan de centeo); Mesón O Pío (Churro de cocido); Restaurante A Trasanquesa (Chupiño de Entroido e Carrilleira en crema de champiñóns); Restaurante Fortunato (Lacón estilo Fortunato); Romero II (Cocido do Romero); O Recanto (Sorpresa de cocido); O Pozo (Cocido estilo O Pozo); O Paseo (Brocheta estilo O Paseo; Mar Bravo); Café Cachimba (Entrefrebado de Lugo); Mesón O Cuco (Roupavella de lacón con grelos; O noso porquiño); Café-Bar Gola (Tortilla con Mollo); Café Bar Devesos (Revolto de grelos con chourizo) e Parrillada do Couto (Empanada de Entroido). Ademais de poder degustar as saborosas propostas culinarias que se ofrecen na localidade, na xornada do día 4, a partir das 19.30 horas, e o sábado día 6 despois do Certame de Comparsas de Entroido que se celebrará pola tarde no Pazo da Cultura, as agrupacións de Narón amenizarán a xornada nos establecementos hostaleiros e comerciais da localidade. Esta última proposta forma parte do citado Certame de Comparsas, organizado pola Concellería de Cultura, á fronte da que está a edil Marián Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal