Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FREMAP ENTREGA 4.771 EUROS AO CONCELLO EN CONCEPTO DA BAIXA SINISTRALIDADE LABORAL REXISTRADA DURANTE O ANO 2014
A administración local recibiu entre 2010 e 2014 un total de 21.094,86 euros polo citado concepto
Narón, 8 de febreiro de 2016. A Dirección Xeral da Seguridade Social emitiu unha resolución estimatoria (en base ao Real Decreto 404/2010 de 31 de marzo) autorizando o abono ao Concello de Narón dunha partida de 4.771,7 euros en concepto da baixa sinistralidade laboral rexistrada durante o ano 2014. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu no seu despacho ao director da mutua Fremap, Juan Pablo del Río, a Isabel María Díaz, tamén en representación da citada compañía, e ao encargado de Seguridade e Saúde Laboral do Concello e responsable da área de Prevención, David Corral, para abordar parte do traballo realizado desde a administración local nesta área nos últimos anos. Esta aportación económica súmase ás recibidas polo Concello naronés polo mesmo concepto nas anualidades correspondentes a 2010 -2.148,42 euros-; 2011 -4.660,52 euros-; 2012 -4.690,21 euros- e 2013 -4.824,01 euros- que, sumandos á citada contía de 2014 suman un total de 21.094,86 euros nun período de cinco anos. A administración local tivo que cumprir unha serie de requisitos para poder recibir estas partidas. Entre os mesmos figuran, entre outros, o feito de realizar actividades preventivas en materia de riscos laborais; nomear a un responsable de prevención na área; realizar actividades de prevención e accións formativas dirixidas ao plantel do Concello e garantir a vixilancia da saúde a todos os traballadores e traballadoras. Así mesmo, tamén se tiveron en conta cuestións como a existencia de delegados de prevención e dun Comité de Seguridade e Saúde Laboral, organismo este último que se constituíu no ano 2005 no Concello e do que forman parte tres representantes políticos municipais –os edís Guillermo Sánchez Fojo, Pablo Mauriz e Ibán Santalla- e tres funcionarios – Xosé Henrique Calvo, María José González e Manuel Bello-.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal