Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA XUNTANZA SOBRE O PLAN DE IMPLEMENTACIÓN EN PROMOCIÓN DA SAÚDE E PREVENCIÓN
A convocatoria, dirixida a asociacións, desenvolverase o día 20 de febreiro nas instalacións do auditorio municipal, na praza de Galicia
Narón, 17 de febreiro de 2016. O auditorio municipal acollerá o día 20 de febreiro unha xuntanza informativa sobre o Plan de Implementación en Promoción da Saúde e Prevención do Ministerio de Sanidade, impulsada pola concellería da área, que dirixe o edil Octavio Dopico. A convocatoria, que comezará ás 12.00 horas, diríxese ás entidades do municipio e no transcurso da mesma presentarase o proceso de implementación do citado plan e tamén se procederá a informar aos asistentes sobre a necesidade de designar aos integrantes da Mesa Intersectorial. Dopico recordou que o pasado mes de setembro se aprobou no pleno a adhesión do Concello á “Estratexia de Promoción da saúde e prevención no Sistema Nacional de Saúde”, unha iniciativa encamiñada a fomentar entre a cidadanía hábitos de vida saudables e anunciar os recursos dispoñibles na Área para acadar diferentes obxectivos na materia. Así mesmo, o edil de Sanidade avanzou que se solicitará aos representantes das diferentes entidades –asociacións sanitarias, equipos de Seguridade Vial, agrupacións deportivas, Anpas, etc.- que designen a un representante para constituír a Mesa Intersectorial, que presidirá o alcalde, José Manuel Blanco (ou unha persoa na que delegue) e da que tamén formarán parte o concelleiro Octavio Dopico, o médico Carlos Piñeiro e un integrante do equipo de Seguridade Vial do Concello, Simón Cabarcos. O edil naronés solicita ás entidades que faciliten información pormenorizada das actividades que desenvolven ao longo do ano relacionadas coa actividade física, a promoción da saúde e a prevención (tipo de actividade, lugar donde se imparte, día e hora…). Unha vez constituída a Mesa Intersectorial procederase a coordinar o traballo para incluír todos eses datos na páxina web do Ministerio de Sanidade, atendendo ás directrices marcadas ao respecto a nivel estatal. Os representantes dos colectivos interesados en anotarse ou recibir máis información ao respecto poden facelo a través da dirección de correo electrónico: sanidade@naron.es ou do número de teléfono 981 337 700 (extensión: 1054 - Susana). Octavio Dopico incidiu na importancia desta xuntanza de cara á organización e convocatoria de eventos enmarcados no ámbito da saúde e a prevención e animou aos representantes das entidades ás que se dirixe a iniciativa a asistir á reunión que terá lugar este sábado na localidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal