Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS PORTAVOCES MUNICIPAIS ABORDARÁN A VIABILIDADE DE LEVAR AO PLENO UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN APOIO AOS TRABALLADORES DE ELECTRORAYMA-TECMAN EN NAVANTIA
A corporación local levará ao pleno do 25 de febrero a situación dos 65 traballadores afectados polo remate do contrato da UTE nos asteleiros de Ferrol
Narón, 19 de febreiro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presidiu a reunión celebrada no Concello entre representantes dos grupos políticos da corporación local e do comité de empresa de Electrorayma. O citado comité trasladou a súa preocupación polo remate do contrato de concesión das tarefas de mantemento en Navantia Ferrol á UTE Electrorayma-Tecman o vindeiro día 29 de febreiro. Esta situación fai perigar a continuidade de 65 postos de traballo, tal e como advertiron os representantes dos traballadores. Desde o citado comité reclamouse o apoio da corporación local á súa demanda para que a empresa Navantia subrogue os contratos dos afectados, un equipo que levaba quince anos realizando esas tarefas. O rexedor local anuncioulles que o día 22 de febreiro se abordará este asunto na Xunta de Portavoces do Concello para intentar consensuar unha postura ao respecto entre todos os grupos da corporación local co fin de poder levar ao pleno do vindeiro xoves, día 25, unha declaración institucional para apoiar ao colectivo. O acordo que finalmente se adopte no pleno trasladarase á dirección de Navantia na ría de Ferrol, tal e como solicitan os afectados a través da moción presentada hoxe, para que se cumpran as súas demandas e se garanta a igualdade de dereitos con outros compañeiros de Navantia na bahía de Cádiz, que si están subrogados. Ademais do alcalde estaban representados na xuntanza os portavoces do PSOE, Catalina García; do BNG, Pablo Villamar, e de EU, André Abeledo, e os edís Pablo Mauriz, de TEGA, e Laura Pena, do PP, que tomaron nota das demandas dos representantes do comité.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal