Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS ACTORES JAVIER GUTIÉRREZ, LUIS BERMEJO E GUILLERMO TOLEDO REPRESENTARÁN A OBRA "EL REY" NO PAZO DA CULTURA
Esta comedia é a quinta produción da compañía Teatro del Barrio e as funcións terán lugar os días 26 e 27 de febreiro pola tarde
Narón, 25 de febreiro de 2016. A quinta produción da compañía Teatro del Barrio chegará mañá a Narón. O Pazo da Cultura acollerá os días 26 e 27 a representación de “El Rey”, unha comedia escrita por Alberto San Juan, e cun elenco do que formarán parte Javier Gutiérrez, Luis Bermejo e Guillermo Toledo. A obra poderase ver mañá, ás 20.30 horas no Pazo da Cultura e tamén o sábado, día 27, a partir das 20.00. “El Rey” é unha obra protagonizada por Juan Carlos I e durante os 90 minutos de duración da mesma os actores interpretarán personaxes como Felipe González, Francisco Franco e Adolfo Suárez, entre outros, para relatar algúns dos sucesos máis importantes rexistrados en diferentes épocas da historia de España. Temas como o 23-F, os GAL ou a guerra do Golfo abordaranse durante este espectáculo. O prezo das entradas para ver esta obra é de 12 euros para o público en xeral e 8,40 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. Para obter máis información ou realizar reservas das localidades pódese chamar ao número de teléfono 981 102 897 ou escribir un correo electrónico a: taquilla.pazo@naron.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal