Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA "CONCILIAESCOLA SEMANA SANTA"
A iniciativa diríxese a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos e desenvolverase os días 21, 22, 23 e 28 de marzo no CEIP Ponte de Xuvia
Narón, 27 de febreiro de 2016. O Concello abrirá o día 29 de marzo o prazo de inscrición no programa ConciliaEscola Semana Santa. Así o anunciou a edil de Igualdade, Teresa Sabio, que explicou que os destinatarios do mesmo son nenos e nenas con idades entre 4 e 12 anos. A edil apuntou que a convocatoria se desenvolverá os días 21, 22, 23 e 28 de marzo no CEIP Ponte de Xuvia e animou á veciñanza a anotarse nesta proposta, pensada para axudar a conciliar a vida laboral e familiar. A asistencia é de balde e hai un límite de vinte prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición e atendendo a unha serie de preferencias relativas á unidade familiar. A actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña. Durante os catro días os participantes realizarán varias actividades educativas. Talleres de cociña, reciclaxe, deportivos, de medio ambiente e sobre xogos son algunhas das propostas a desenvolver. Os nenos e nenas poderán asistir en dous horarios, de 7.30 a 14.00 e de 9.00 a 14.00, se ben no primeiro dos casos terán transporte de volta pero non de ida, ofrecéndose este último só na segunda opción. As paradas serán nas diferentes parroquias (A Gándara, A Solaina, O Alto, Piñeiros, San Mateo, O Val, San Xiao, Castro, Sedes, Doso e Pedroso), e a información sobre horarios e percorridos anunciarase nunha xuntanza a convocar antes do inicio da actividade, tal e como indicou a edil de Igualdade. As persoas interesadas teñen de prazo ata o día 11 de marzo para anotarse no Rexistro de entrada do Concello, de 8.30 a 13.00 horas. Terán preferencia á hora de conceder as prazas os nenos e nenas empadroados en Narón e que traballen o pai e a nai, custodio/a ou titor/a; en segundo lugar nos que traballe un dos proxenitores; en terceiro os que non traballen os proxenitores e, en último lugar, os nenos e nenas que non estean empadroados en Narón (coa mesma orde de preferencia dos casos citados anteriormente). Para obter máis información pódese chamar ao Servizo Sociocomunitario Municipal, ao teléfono 981 337 700 (ext. 1113/1115).
Descarga de archivos
Modelo solicitude
Tamaño:218,71 KB

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es