Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE 75 PERSOAS INICIAN ESTA SEMANA CURSOS FORMATIVOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO E DESTINADOS A DESEMPREGADOS
A Concellería de Formación impulsa estas cinco accións formativas que rematarán entre os meses de xuño e xullo
Narón, 6 de abril de 2016. Un total de 75 persoas inician esta semana as sesións de cinco cursos formativos. Do total, 60 realizarán os de Peixería, Electricidade, e Conversa en Inglés, incluídas no programa formativo municipal Habilita 2016, con quince alumnos cada un e que rematarán no mes de xuño. Tamén se impulsa desde a área municipal de Formación, que preside a edil Natalia Hermida, o curso sobre Programación e robótica para futuros formadores, con quince alumnos e que rematará en xuño. A maiores, tal e como apuntou a concelleira, o vindeiro venres, día 8, dará comezo un curso sobre Panadería-Bolería –tamén do programa Habilita 2016-, con quince alumnos e que finalizará en xullo. Os cinco cursos convocados desde a área de Formación diríxense a persoas desempregadas do Concello de Narón maiores de 18 anos e suporán un total de 1.290 horas de formación, teórica e práctica. En total inscribíronse nestas cinco accións formativas 357 persoas. No curso de Programación e robótica para futuros formadores fixérono 40 e nos outros catro do programa Habilita 2016 un total de 317, dos que 70 se decantaron por Peixería; 59 por Electricidade; 154 por Panadería e Bolería –convócase por primeira vez e é o único destas características na comarca- e as 34 restantes no de Conversa en inglés, tal e como indicou Hermida. Todas estas accións formativas se imparten nas instalacións do Centro Municipal de Formación da Gándara, tal e como recordou Hermida. A concelleira de Formación valorou o éxito deste tipo de cursos, que se convocan periodicamente e nos que se inscriben decenas de persoas da localidade. Natalia Hermida anunciou que a administración local continuará apoiando esta vía formativa a través da concellería que dirixe “para así ofrecer á veciñanza desempregada de Narón a oportunidade de ampliar a súa formación e o seu currículo de cara a mellorar as súas posibilidades á hora de optar a un posto de traballo”. “A área de Formación foi e continuará sendo unha das prioridades do goberno local de Narón, porque somos conscientes das elevadas taxas de desemprego na localidade en particular e na comarca e no país en xeral e continuaremos apostando por poñer todos os recursos que estean ao alcance do Concello para tratar de que as persoas sen traballo adquiran máis formación e, polo tanto, teñan máis posibilidades á hora de acceder a un posto de traballo”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal