Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DA ESCOLA MUNICIPAL DE FORMACIÓN DE ACTRICES E ACTORES REPRESENTA "NON SEMPRE CHEGA O BUS"
Alumnos e alumnas de terceiro curso da Escola de Teatro actuarán o 8 de abril no Auditorio municipal
Narón, 7 de abril de 2016. Alumnado de terceiro curso da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores de Narón participará o 8 de abril nunha Mostra de Creatividade Dramática que comezará ás 20.30 horas no Auditorio municipal, na Praza de Galicia. Así o anunciou a concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, que apuntou que o espectáculo “Non sempre chega o bus”, realizouno o dramaturgo e director naronés José Prieto a partir das ideas escénicas do alumnado que o protagoniza. A entrada é de balde, ao igual que a do resto de espectáculos incluídos na segunda das Mostras de Traballo Escolar do curso 2015-2016. As historias partirán sempre da presenza dun autobús e foron os propios alumnos e alumnas os encargados de escribir os diferentes monólogos, que interpretarán os propios compañeiros, aos que Prieto dirixiu no exercicio de Creatividade durante este curso. O obxectivo desta asignatura é estimular no alumnado o manexo dos recursos e da autonomía necesarias para a posta en pé dos seus proxectos escénicos. “Trátase dunha actividade de gran interese para o desenvolvemento da vida artística que seguirán estes alumnos e alumnas cando remate este curso, o último nivel formativo na Escola Municipal de Teatro”, asegurou a concelleira de Cultura. A edil naronesa valorou o traballo realizado polo colectivo, así como polo profesorado das Escolas Culturais Municipais dependentes do Padroado da Cultura. Así mesmo, Ferreiro convidou á veciñanza a asistir a estas Mostras de Traballo Escolar, “nas que se pode comprobar en primeira persoa o excelente traballo que realizan os rapaces e rapazas matriculados na Escola de Teatro de Narón e os seus avances desde que comezan a formarse nas artes escénicas a través das clases impartidas a través do Padroado da Cultura”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal