Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO ACOLLEU O ACTO DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
Mulleres de etnia xitana leron un manifesto no que reivindicaron a igualdade de dereitos
Narón, 8 de abril de 2016. O salón de plenos do Concello acolleu un acto de conmemoración do Día Internacional do pobo xitano, unha cita que este ano se organizou dun xeito máis solemne debido a que varias familias que residen na localidade se atopan actualmente de loito. O evento consistiu na lectura dun manifesto que un grupo de mozas xitanas que residen na localidade redactou coas súas mestras e cuxo obxectivo é reivindicar as súas demandas na sociedade. Á convocatoria acudiron a primeira tenente de alcalde e portavoz de TEGA, Marián Ferreiro; as edís de Acción Social e Igualdade, Catalina García e Teresa Sabio, e o portavoz de EU, André Abeledo. O rexeitamento da discriminación, a demanda de igualdade e, en definitiva, a loita contra o racismo, foron algúns dos asuntos sobre os que falaron as mulleres, que defenderon as cores da súa bandeira: azul, verde e cunha roda de carro vermello para representar o ceo, o campo e a liberdade do pobo xitano no mundo, respectivamente. O colectivo recoñeceu estar orgulloso de pertencer á súa raza e subliñou que “hai paios e paias malos e bos e xitanos e xitanas malos e bos. Niso, todos e todas somos iguais”. O manifesto permanece exposto na entrada do Concello. A concelleira de Igualdade entregoulles un agasallo ás mulleres tras dirixirse a elas para animalas para continuar “impulsando o cambio e loitando por manter a vosa identidade”. Na mesma liña se pronunciou a edil de Acción Social, que destacou a labor que realiza o colectivo e animou ás protagonistas da convocatoria a continuar loitando polos seus dereitos.
Descarga de archivos
Manifesto Día Internacional do pobo xitano
Tamaño:826,29 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal