Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU A PRIMEIRA XUNTANZA PARA COORDINAR O ENCONTRO INTEREXERACIONAL 2016
Representantes de varias entidades colaborarán co goberno local na organización do evento, que se desenvolverá o vindeiro mes de xuño
Narón, 11 de abril de 2016. A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, presidiu unha xuntanza con representantes de diversas entidades do municipio para coordinar o programa da quinta edición do Encontro Interxeracional que se celebrará o vindeiro 12 de xuño no paseo marítimo de Xuvia. A edil naronesa e persoal de dezasete asociacións acordaron adiantar este ano a data do evento para evitar que coincida con outras actividades a desenvolver na localidade. Sabio recordou que o Encontro Interxeracional supón o remate das actividades do programa de Envellecemento Activo impulsado desde o Concello de Narón. Trátase dunha convocatoria aberta á participación tanto de entidades como de particulares e que se dirixe aos maiores que participan no citado programa e ás súas familias. Os asistentes á convocatoria desta mañá acordaron manter unha segunda xuntanza o vindeiro día 25 para perfilar o programa de actos a desenvolver ao longo da xornada, para a que cada asociación plantexará unha serie de actividades.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal