Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTES NO SUBMINISTRO DE AUGA EN VARIOS VIAIS MUNICIPAIS DEBIDO ÁS OBRAS DE SANEAMENTO DA RÍA
As restriccións terán lugar na estrada de Castela e viais transversais o luns 18 de abril entre as 22.00 e as 09.00 horas do día 19 e tamén nesta última xornada desde as 22.00 ata a as 09.00 do mércores día 20
Narón, 16 de abril de 2016. A Compañía de Servicios Medioambientales do Atlántico SA (Cosma), anunciou dous cortes no subministro de auga que se realizarán o luns, día 18 e o martes día 19 deste mes con motivo das obras de saneamento, actualmente en execución. A medida afectará aos inmobles localizados na estrada de Castela e algúns viais trasversais – nestes últimos rexistraranse maioritariamente baixadas de presión- entre as 22.00 e as 09.00 horas de cada unha destas xornadas aínda que a empresa confía en poder restablecer o servizo antes das 09.00 horas en varias zonas. Desde as 22.00 horas do luns ás 09.00 horas do martes o corte afectará aos inmobles dos números impares da estrada de Castela, desde o cruce deste vial coa Avenida de Santa Icía (non será efectivo no barrio da Solaina) ata a intersección coa rúa Río Vespasante (sen afectar a este último vial). A medida si repercutirá en todas as rúas transversais localizados neste tramo da estrada de Castela, tal e como indicaron desde Cosma. O martes, tamén desde as 22.00 e ata as 09.00 horas do mércores, o corte realizarase para os números pares da estrada de Castela, desde o cruce coa Avenida Concepción Arenal (esta última vía non sufrirá modificacións no servizo) ata a intersección coa avenida Conde de Fenosa (nesta última non se prevén incidencias no subministro). Os viais transversais deste tramo si estarán afectados polos cortes de auga. O edil de Servizos, Ibán Santalla, apelou á colaboración cidadá e pediu desculpas polas molestias que poida ocasionar esta medida durante as horas no que se manteñan as restriccións no subministro de auga, se ben incidiu en que “é preciso levalas a cabo para poder realizar os traballos correspondentes ao cruce da estrada de Castela para a obra do interceptor xeral”. Os citados traballos obrigaron xa hai varios días a realizar unha serie de cambios na circulación rodada nas inmediacións da rotonda de Freixeiro, onde o tráfico está desviado a carrís provisionais, tal e como recordou o edil.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal